Wednesday 01 de May de 2024

Instaladas no Camiño Inglés as novas fontes con tratamento de filtración por carbón activo


• Sitúanse nas áreas de descanso de Buíña e Ponte Baxoi e forman parte do proxecto ‘ Life Water Way’ da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

• O obxectivo do proxecto é dotar ao Camiño dunha rede de fontes públicas para abastecer de auga potable aos peregrinos.

O Concello de Miño xa conta coas dúas novas fontes con tratamento de filtración por carbón activo instaladas nas áreas de descanso de Buíña e Ponte Baxoi, situadas no trazado do Camiño Inglés, a través do proxecto ‘ Life Water Way’ promovido pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Esta iniciativa pretende dotar ao Camiño Inglés dunha rede de fontes públicas para así garantir o abastecemento de auga potable aos peregrinos. En total habilitaranse 29 fontes públicas cada 6 quilómetros na vía de peregrinación que vai desde Ferrol e Coruña ata Santiago de Compostela.